Os modelos de invernadoiros que se ven nesta fotografía inspiráronme para cubrir unha estructura que tiña na finca necesitada dun arranxo, debido a que o plástico que traía orixinalmente deteriorouse moi rápido.
Non quedaría tan bonito, pero esperaba que fora funcional.
A solución que atopei foi imitar estas ideas, das que se atopan facilmente en internet explicacións e fotografías, pero no meu caso enterrei un pouco a fila inferior para fixar mellor as columnas, e logo fun cosendo as botellas con sedal á propia estructura.
É un traballo que require paciencia, pero que contribúe a darlle unha segunda vida ao plástico, en vez de mercar outro.
O máis difícil foi facer o teito. Pero unha vez rematado quedou así:
Moitas grazas ao Banco de Tempo de Lugo, en especial a Kike e Flor, que me surtiron das botellas para construílo.
Xa empecei a probalo cuns pequenos semilleiros. A ver que tal se porta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario