sábado, 21 de febrero de 2015

Invernadoiro de botellas de plástico

 Os modelos de invernadoiros que se ven nesta fotografía inspiráronme para cubrir unha estructura que tiña na finca necesitada dun arranxo, debido a que o plástico que traía orixinalmente deteriorouse moi rápido.

Non quedaría tan bonito, pero esperaba que fora funcional.



A solución que atopei foi imitar estas ideas, das que se atopan facilmente en internet explicacións e fotografías, pero no meu caso enterrei un pouco a fila inferior para fixar mellor as columnas, e logo fun cosendo as botellas con sedal á propia estructura.
É un traballo que require paciencia, pero que contribúe a darlle unha segunda vida ao plástico, en vez de mercar outro.





O máis difícil foi facer o teito. Pero unha vez rematado quedou así:


Moitas grazas ao Banco de Tempo de Lugo, en especial a Kike e Flor, que me surtiron das botellas para construílo.


Xa empecei a probalo cuns pequenos semilleiros. A ver que tal se porta!

martes, 3 de febrero de 2015

A manta do amor

...todo empezou unha noite de copas... que cumples 50? imposible! É como vai ser imposible! Pois entón hai que celebralo! Diso nada, eu non celebro os 50!...
 
Non lle din máis voltas, pero Saleta púxose mans á obra e tivo unha ampla complicidade. Todo o que artellaron e cómo se aseguraron de que este bacalao despistao caera na rede, merecería unha crónica aparte e terían que contala as e os protagonistas. Sen dúbida sería interesante e divertida.

E chegou o día da festa sorpresa: amigas, amigos, familia, cariño, fotos, lembranzas, cariño, diversión, contacontos, música, cariño ...cariño... e un regalo comunitario: un anaco de tela que cada quen trouxo co seu propio significado, lembranza, identificación...

Fun reunindo todos eses anacos cheos de contidos e xoguei a casalos do mellor xeito posible.

Saquei a máquina de coser e disfrutei de cada puntada co recordo dunha festa tan entrañable e á vez divertida.

Para que me cadrara ben aproveitei a facer a miña aportación con dous anacos. A ver si os recoñecedes na foto do final: un procede dunha bufanda guatemalteca, como lembranza das miñas queridas viaxes, o outro ten historia familiar, paréceme lembrar que orixinalmente era unha bata playera, non sei si das miñas irmás ou da miña nai, cun estampado espectacular, estilo anos 60, que despois a miña nai reciclou en mandil e, non sei cómo, acabou nas miñas mans. Será porque no de recicladora non me quedo atrás? ;)
 
Logo veu o momento de poñerlle un forro sinxelo, pareceume que o estilo pedía unha manta de verán, nada moi abrigoso...

E por fin, quedou así unha vez rematada ...así que de vez en cando quito o frío da alma con todo o voso amor... Graciñas por tanto!