viernes, 21 de marzo de 2014

CRÓNICA DUNHA CESTERÍA MOI VIVA

15 de marzo de 2014.
Tiñamos acordado quedar para facer unha estructura de cestería viva na miña finca, no Veral, ao lado de Lugo: Lola Tourón, experta cesteira, Xose, experimentado en todo tipo de construccións vivas e ecolóxicas, e máis eu, que iba de peón aprendiz.
Foi unha mágoa que outras persoas que estaban interesadas non puideran achegarse, porque disfrutamos dun día soleado e perfecto para divertirse coa cestería.
Empezamos polo acopio do material (vimbio e salgueiro) pero dimos cun pequeno atranco na viaxe de ida porque pinchamos a medio camiño e topamos cuns tornillos imposibles de afloxar e un grueiro histérico que non tiña ferramentas adecuadas e nos levou de excursión na grúa por medio Lugo mentres decidía sobre a marcha o seguinte paso que iba dar.
Finalmente cambiouse a roda e chegamos á finca un pouco máis tarde do previsto, pero emprendimos a labor con brío e con todo o saber de Lola, o que facilita moito a rapidez na execución.

Empezamos por facer unha zanxa coa forma lixeiramente acaracolada que queriamos darlle á construcción.
Por certo, non dixen que a idea é poñer dentro un bater seco, pero podería ter outros moitos usos.
Logo cun pau de ferro fixemos buratos, o máis fondos posible para plantar os vimbios, que tiñan unha altura aproximada duns 2 metros, e intercaladas, pequenas estacas de salgueiro, pensando en que tamén poidan prender.

A continuación, para asegurar a posición das varas cesteamos unha liña de tecido tamén con varas de vimbio na base da estructura.

Chegou o momento de atar as varas para ir dando forma á estructura.


Tamén no teito.

A continuación fomos introducindo máis varas entretecidas para reforzala.

E finalmente pódese empezar por cubrila con xesta.

O que vedes fixémolo entre tres persoas nunhas 4 horas ou pouco máis.
A que quedou xenial????
 
O traballo aínda non está rematado, así que si vos animades a probar, quedamos. É do máis divertido!

E agora toca regar cando non chova. Porque se trata de que as varas enraicen e que as paredes da estructura se vaian facendo máis frondosas.
Nos vindeiros anos haberá que coidala, podala, tecer as novas varas que vaian saindo...