domingo, 25 de octubre de 2015

Recuperando a Noam Chomsky

Hai uns días recuperei un documental sobre Noam Chomsky que tiña grabado (nun VHS!) desde principios dos anos 2000.
Facía moito que non o vira pero, como supoñeredes, non ten nin unha letra que teña quedado anticuada.
Fala esencialmente do poder e a manipulación dos medios de comunicación sobre a poboación e os intereses aos que iso serve.
Deixo aquí un fragmento dunha conferencia que sae ao final do documental:

A civilización industrial moderna desenvolveuse dentro dun sistema determinado de mitos convintes. O que a impulsou foron as ganancias materiais individuais, que se aceptan como lexítimas, incluso dignas de eloxio; e a base de que os vicios privados producen beneficios públicos é a formulación clásica.
Porén, fai tempo que se entendeu moi ben que unha sociedade que está baseada neste principio, co tempo detruirase a si mesma.
Só pode persistir co sufrimento e a inxusticia que elo conleva, mentres sea posible finxir que as forzas destructivas que crean os humanos, son ilimitadas, que o mundo é un recurso ilimitado e un ilimitado cubo de lixo.
Nesta fase da historia hai dúas posibilidades. Ou ben a población xeral asumirá o control do seu propio destino e se preocupará polos intereses comunitarios guiada polos valores de solidariedade, simpatía e preocupación polos demáis, ou ben, non quedará un destino que controlar.
Mentres unha clase preparada estea en posición de autoridade, creará unha política en pro dos intereses aos que serve.
As condicións de supervivencia, máis aínda as de xustiza, requiren unha planificación social racional en interés da comunidade, e hoxe por hoxe iso significa a comunidade global.
A cuestión é se as élites privilexiadas deberían dominar a comunicación de masas, e usar este poder como nos din, en contreto impoñer as ilusións necesarias para manipular e enganar á estúpida maioría e apartala da palestra pública. A cuestión é se a democracia e a liberdade son valores que deben preservarse ou ameazas qeu deben evitarse.
Nesta posible fase final da existencia humana, a democracia e a liberdade son máis que meros valores para atesorarse, poderían ser esenciais para a supervivencia.
NOAM CHOMSKY