15 de marzo de 2014.
Tiñamos acordado quedar para facer
unha estructura de cestería viva na miña finca, no Veral, ao lado
de Lugo: Lola Tourón, experta cesteira, Xose, experimentado en todo
tipo de construccións vivas e ecolóxicas, e máis eu, que iba de
peón aprendiz.
Foi unha mágoa que outras persoas que
estaban interesadas non puideran achegarse, porque disfrutamos dun
día soleado e perfecto para divertirse coa cestería.
Empezamos polo acopio do material
(vimbio e salgueiro) pero dimos cun pequeno atranco na viaxe de
ida porque pinchamos a medio camiño e topamos cuns tornillos
imposibles de afloxar e un grueiro histérico que non tiña
ferramentas adecuadas e nos levou de excursión na grúa por medio
Lugo mentres decidía sobre a marcha o seguinte paso que iba dar.
Finalmente cambiouse a roda e chegamos
á finca un pouco máis tarde do previsto, pero emprendimos a labor
con brío e con todo o saber de Lola, o que facilita moito a rapidez
na execución.
Empezamos por facer unha zanxa coa
forma lixeiramente acaracolada que queriamos darlle á construcción.
Por certo, non dixen que a idea é poñer dentro un bater seco, pero
podería ter outros moitos usos.
Logo cun pau de ferro fixemos buratos, o
máis fondos posible para plantar os vimbios, que tiñan unha altura
aproximada duns 2 metros, e intercaladas, pequenas estacas de
salgueiro, pensando en que tamén poidan prender.
A continuación, para asegurar a
posición das varas cesteamos unha liña de tecido tamén con varas
de vimbio na base da estructura.
Chegou o momento de atar as varas para
ir dando forma á estructura.
A continuación fomos introducindo máis
varas entretecidas para reforzala.
E finalmente pódese empezar por cubrila con xesta.
O que vedes fixémolo entre tres persoas nunhas 4 horas ou pouco máis.
A que quedou xenial????
O traballo aínda non está rematado, así que si vos animades a probar, quedamos. É do máis
divertido!
E agora toca regar cando non chova. Porque
se trata de que as varas enraicen e que as paredes da estructura se
vaian facendo máis frondosas.
Nos vindeiros anos haberá que coidala,
podala, tecer as novas varas que vaian saindo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario