...todo empezou unha noite de copas...
que cumples 50? imposible! É como vai ser imposible! Pois entón hai
que celebralo! Diso nada, eu non celebro os 50!...
Non lle din máis voltas, pero Saleta
púxose mans á obra e tivo unha ampla complicidade. Todo o que
artellaron e cómo se aseguraron de que este bacalao despistao caera na
rede, merecería unha crónica aparte e terían que contala as e os
protagonistas. Sen dúbida sería interesante e divertida.
E chegou o día da festa sorpresa:
amigas, amigos, familia, cariño, fotos, lembranzas, cariño,
diversión, contacontos, música, cariño ...cariño... e un regalo
comunitario: un anaco de tela que cada quen trouxo co seu propio
significado, lembranza, identificación...
Fun reunindo todos eses anacos cheos de
contidos e xoguei a casalos do mellor xeito posible.
Saquei a máquina de coser e disfrutei
de cada puntada co recordo dunha festa tan entrañable e á vez
divertida.
Para que me cadrara ben aproveitei a
facer a miña aportación con dous anacos. A ver si os recoñecedes na foto do final:
un procede dunha bufanda guatemalteca, como lembranza das miñas
queridas viaxes, o outro ten historia familiar, paréceme lembrar que
orixinalmente era unha bata playera, non sei si das miñas irmás ou
da miña nai, cun estampado espectacular, estilo anos 60, que despois
a miña nai reciclou en mandil e, non sei cómo, acabou nas miñas
mans. Será porque no de recicladora non me quedo atrás? ;)
Logo veu o momento de poñerlle un
forro sinxelo, pareceume que o estilo pedía unha manta de verán,
nada moi abrigoso...
E por fin, quedou así unha vez
rematada ...así que de vez en cando quito o frío da alma con todo o
voso amor... Graciñas por tanto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario