Pensando, lendo, escribindo, copiando... gustariame pensar, ler, escribir, con outras... copiar de outras... aprender de outras... compartir... un blog pode ser un xeito de facelo... faino conmigo!
martes, 17 de abril de 2012
BANCOS E DÉBEDA
Noutro comentario deste blog falaba do descaro con que os bancos reparten beneficios mentres esquilman aos que teñen menos posibilidades de defenderse. Por certo que tamén os repartiron o mesmo ano que se lles fixo unha enorme inxección de diñeiro público, que agora xustifica todo tipo de recortes sociais, educativos, sanitarios, laborais, etc. Máis tarde o banco central europeo seguiu facendo inxeccións financeiras, que en boa parte foron a parar aos bancos españois, e que se converterán en débeda que todos e todas nós estaremos obrigadas a pagar.
Este mecanismo non nos é descoñecido ás persoas e organizacións que levamos anos denunciando a gran mentira da débeda externa dos países pobres. Esa mal chamada débeda foi creada dun xeito similar, seguindo os intereses dos poderes económicos do momento, e non como unha axuda a eses países, cuxas poboacións nunca se beneficiaron dela. A cuantía do prestado e os elevados intereses impostos unilateralmente sangran a esas poboacións desde entón e permiten unha inxección de osíxeno constante aos executores, reforzándoos no seu poder e aumentando de xeito continuo as súas ganancias.
Mentres as consecuencias do capitalismo feroz se cebaban cos países do Sur, a distancia das nosas casas e familias, resultaba difícil que unha maioría da poboación fora receptiva ás mensaxes de advertencia e mobilización contra as causas da pobreza, contra a débeda externa dos países empobrecidos, etc. Agora que a situación se extende e nos afecta, seguiremos mirando para outro lado?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario