martes, 17 de enero de 2012

A doctrina do shock

A semana pasada emitiron na televisión española o documental “A doctrina do shock”, baseado na novela do mesmo nome de Naomi Klein.
Ver documental completo.
Tal como se describía na presentación, este traballo evidencia unha corrente antidemocrática que se iniciou nos anos 50 e que abarca distintos campos de actuación: o ideolóxico, o militar, o psicolóxico e, sobre todo, o económico. E denuncia os efectos desastrosos da escola neoliberal de Chicago, cuxas consignas se ensaiaron, por primeira vez, nos rexímenes dictatoriais de Chile e Arxentina nos anos 70. Con posterioridade, baixo os mandatos de Reagan e Tatcher penetraron no primeiro mundo e os seus efectos chegan ata os nosos días, coa crise na que estamos inmersos.
A doctrina do shock representa o saqueo absoluto dos bens públicos e os dereitos das persoas, e a imposición de medidas ultraliberais, aproveitando os momentos de desastres (sunamis, terremotos, 11S) ou provocando guerras como a de Irak.
Nos mesmos días que emitían este documental fixeime nunha entrevista do xornal “El País” a unha líder do movemento estudiantil de Chile, Camila Vallejo que, con só 23 anos, parece ser unha esperanza para moitas persoas do seu país, o cal non deixou de sorprenderme.
Ver artigo completo (El Pais, domingo 15 de xaneiro de 2012).
Aínda con toda a información que temos, seguimos de brazos cruzados, seguimos a necesitar doutras persoas que se movan por nós. Non nos sentimos con forzas ou capacidades para loitar polo noso, pero queremos que outros o fagan por nós. Nas súas propias palabras: “Sinto unha carga moi grande. A xente quere que teña resposta para todo e teñen a expectativa de que vou a cambiar Chile, eu soa. Na rúa grítanme: Os apoiamos, non nos abandonen! Pero a responsabilidade, chucha, é de todos. Eu son só unha moza de 23 anos...”
E segue comentando outras cousas interesantes: “...a xeración que viviu a flor de pel ese periodo (a dictadura e a represión salvaxes) quedou traumatizada... E por esa razón, xa chegada a democracia, comezou a reinar o individualismo e a idea de que é mellor non meterse en política...” “...a tensión que hoxe en día existe é neoliberalismo versus democracia...” “Isto non se resolve con que eu sexa candidata, da igual. O verdadeiro desafío é que debe haber xente disposta a cambiar a correlación de forzas nos espazos onde se toman as decisións. Si non nos gusta cómo funcionan as cousas, temos que facernos cargo. Debemos disputar o Parlamento para que sexa realmente representativo e non estea ocupado por burócratas” “Penso que o desenvolvemento dos países do Norte se produce grazas ao subdesenvolvemento dos países do Sur... Sempre ten que haber sitios saqueados par que outros disfruten do pracer dos excesos...”

No hay comentarios:

Publicar un comentario