sábado, 6 de septiembre de 2014

PRESENTES E AUSENCIAS

Entre os regalos que lle fixo, só dúas veces se esforzou cun presente bonito: unha cando empezaban a sair e a outra cando xa a perdera. Era unha cuestión práctica, tiñan pouco diñeiro, estaban máis atentos a outras cousas, estaban de acordo nisto, tíñano falado. Máis ela procuraba o xeito de atopar eses pequenos regaliños que o sorprenderan gratamente. Non podía ser falta de interese por parte del á hora de facela feliz. Queríanse. Chegou a darlle pistas claras, que sorprendía ignoradas mentres rompía o papel de regalo. E, ao longo dese camiño, ela ignoraba todo o demais que non quería ver ...ata que xa non houbo nada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario