Hai uns días recuperei un documental
sobre Noam Chomsky que tiña grabado (nun VHS!) desde principios dos
anos 2000.
Facía moito que non o vira pero, como
supoñeredes, non ten nin unha letra que teña quedado anticuada.
Fala esencialmente do poder e a
manipulación dos medios de comunicación sobre a poboación e os
intereses aos que iso serve.
Deixo aquí un
fragmento dunha conferencia que sae ao final do documental:
A civilización industrial moderna
desenvolveuse dentro dun sistema determinado de mitos convintes. O
que a impulsou foron as ganancias materiais individuais, que se
aceptan como lexítimas, incluso dignas de eloxio; e a base de que os
vicios privados producen beneficios públicos é a formulación
clásica.
Porén, fai tempo que se entendeu
moi ben que unha sociedade que está baseada neste principio, co
tempo detruirase a si mesma.
Só pode persistir co sufrimento e a
inxusticia que elo conleva, mentres sea posible finxir que as forzas
destructivas que crean os humanos, son ilimitadas, que o mundo é un
recurso ilimitado e un ilimitado cubo de lixo.
Nesta fase da historia hai dúas
posibilidades. Ou ben a población xeral asumirá o control do seu
propio destino e se preocupará polos intereses comunitarios guiada
polos valores de solidariedade, simpatía e preocupación polos
demáis, ou ben, non quedará un destino que controlar.
Mentres unha clase preparada estea
en posición de autoridade, creará unha política en pro dos
intereses aos que serve.
As condicións de supervivencia,
máis aínda as de xustiza, requiren unha planificación social
racional en interés da comunidade, e hoxe por hoxe iso significa a
comunidade global.
A cuestión é se as élites
privilexiadas deberían dominar a comunicación de masas, e usar este
poder como nos din, en contreto impoñer as ilusións necesarias para
manipular e enganar á estúpida maioría e apartala da palestra
pública. A cuestión é se a democracia e a liberdade son valores
que deben preservarse ou ameazas qeu deben evitarse.
Nesta posible fase final da
existencia humana, a democracia e a liberdade son máis que meros
valores para atesorarse, poderían ser esenciais para a
supervivencia.
NOAM CHOMSKY