viernes, 21 de marzo de 2014

CRÓNICA DUNHA CESTERÍA MOI VIVA

15 de marzo de 2014.
Tiñamos acordado quedar para facer unha estructura de cestería viva na miña finca, no Veral, ao lado de Lugo: Lola Tourón, experta cesteira, Xose, experimentado en todo tipo de construccións vivas e ecolóxicas, e máis eu, que iba de peón aprendiz.
Foi unha mágoa que outras persoas que estaban interesadas non puideran achegarse, porque disfrutamos dun día soleado e perfecto para divertirse coa cestería.
Empezamos polo acopio do material (vimbio e salgueiro) pero dimos cun pequeno atranco na viaxe de ida porque pinchamos a medio camiño e topamos cuns tornillos imposibles de afloxar e un grueiro histérico que non tiña ferramentas adecuadas e nos levou de excursión na grúa por medio Lugo mentres decidía sobre a marcha o seguinte paso que iba dar.
Finalmente cambiouse a roda e chegamos á finca un pouco máis tarde do previsto, pero emprendimos a labor con brío e con todo o saber de Lola, o que facilita moito a rapidez na execución.

Empezamos por facer unha zanxa coa forma lixeiramente acaracolada que queriamos darlle á construcción.
Por certo, non dixen que a idea é poñer dentro un bater seco, pero podería ter outros moitos usos.
Logo cun pau de ferro fixemos buratos, o máis fondos posible para plantar os vimbios, que tiñan unha altura aproximada duns 2 metros, e intercaladas, pequenas estacas de salgueiro, pensando en que tamén poidan prender.

A continuación, para asegurar a posición das varas cesteamos unha liña de tecido tamén con varas de vimbio na base da estructura.

Chegou o momento de atar as varas para ir dando forma á estructura.


Tamén no teito.

A continuación fomos introducindo máis varas entretecidas para reforzala.

E finalmente pódese empezar por cubrila con xesta.

O que vedes fixémolo entre tres persoas nunhas 4 horas ou pouco máis.
A que quedou xenial????
 
O traballo aínda non está rematado, así que si vos animades a probar, quedamos. É do máis divertido!

E agora toca regar cando non chova. Porque se trata de que as varas enraicen e que as paredes da estructura se vaian facendo máis frondosas.
Nos vindeiros anos haberá que coidala, podala, tecer as novas varas que vaian saindo...


lunes, 28 de octubre de 2013

A SERVIDUME VOLUNTARIA


Teño entre as mans un libriño curioso. É unha recente edición en galego de “A servidume voluntaria”, de Étienne de La Boétie, autor francés do século XVI.
O texto prantexa a pregunta de por qué as persoas viven baixo o imperio doutras persoas, renunciando á súa liberdade.
Non deixa de ser unha reflexión propia da súa época, polo que algunhas ideas resultan chocantes ou directamente rexeitables. Pero a idea forza definida no título sorprende pola súa vixencia.
O libro empeza así:
“Conta Homero que un día, falando en público, Ulises dixo aos gregos: “Non é bo ter moitos amos. Un abonda”. Se unicamente tivera dito: “Non é bo ter moitos amos”, sería moito mellor ...xa o poder dun só, des que se converte en amo, é duro e indignante...”
E segue a profundizar no tema:
“...ese tirano, por si só, non precisaría ser combatido nin sería necesario defenderse del se o país decidise non seguir sufrindo un minuto máis a servidume. Non se trata de lle quitar nada, abonda con non darlle ren. Que unha nación, se non quere, non faga esforzo ningún pola súa felicidade, pero que non propicie ela mesma a súa ruina. Xa que logo, son os pobos mesmos os que se deixan ou axudan a que os encadeen, pois soamente con negarse a servir xa racharían os seus atumes...”
“...Non é doado imaxinar ata que punto un pobo sometido deste xeito pola renartería dun traidor pode chegar a envilecerse e caer no máis profundo esquecemento dos seus dereitos. Tanto que é imposible espertalo do seu torpor para que os reconquiste, servindo con tanta dedicación e voluntarismo que se diría, ao velo, que non só perdeu a súa liberdade, senón mesmo a calidade de servo, pasando a engrosar as filas da máis denigrante escravitude...”
“...a primeira razón pola que os seres humanos se prestan voluntariamente a servir é que nacen servos e son educados como tales...”
“...Agora ben, unha cousa hai certa: o tirano non se sente xamais seguro no poder ata que non chega ao punto de que todos os seus súbditos non son senón xentes sen especial valor...”
“...Máis esta argucia dos tiranos que consiste en embrutecer os seus súbditos nunca foi máis evidente que no comportamento que tivo Ciro cos lidios logo de conquistar Sardes, capital de Lidia... montou lupanares, tabernas e casas de xogo e dispuxo unha ordenanza que convidaba os cidadáns a darse ao vicio. E resultou que se atoparon tan ben na súa salsa que, de alí en diante, non foi preciso empregar a espada para controlar os lidios...”
“...Porque, se imos ser sinceiros, esta é a tendencia natural da masa ignorante que, polo común, adoita ser maioritaria nas cidades: desconfiar de quen os ama e se preocupa por eles e, pola contra, confiar en quen os engana e traizoa...”
“...Os tiranos de Roma levaron estas prácticas aínda máis alá e afagaron as decurias aparvalladas cebándoas e gañando o seu favor de xeito ben doado: enchéndolles o papo. E isto de tal modo que o máis instruído deles xamais tería rexeitado a súa escudela de sopa por recobrar a liberdade da república de Platón... Os panoios non se decataban de que ao gozar de todas aquelas cousas non facían senón recobrar unha pequena parte do que xa era seu. É máis, non eran conscientes de que aquela porción que recuperaban non llela cedería o tirano se antes non llela tivese roubado. ....todos... podían, ao día seguinte, verse privados dos seus bens pola cobiza dos seus amos... E todo sen dicir palabra, calados coma petos, sen mover un dedo...”
“Chego agora a un punto que, entendo, constitúe o segredo e o resorte da dominación, o piar e o fundamento de toda tiranía. Os que pensan que as alabardas, os soldados e a vixilancia sosteñen os tiranos equivócanse totalmente. Ao meu ver, estes sérvense deles máis por formalismo e para disuadir que porque confíen nos mesmos... Nos nosos días -e sei que custa crelo, pero é absolutamente certo- apenas se son catro ou cinco as persoas que o sosteñen [ao tirano] e lle axudan a someter todo o país... Estes seis coordinan outros seis mil aos que sitúan en cargos importantes... Grande é o número dos que seguen a estes... ata conformar unha cadea ininterrompida que os une ao tirano...”
“...Do mesmo modo, dende que un rei se proclama tirano, todo o malo, todo o refugallo do reino... se arremuiña ao seu redor, sosténdoo para lograr a súa parte do botín, sendo eles tamén, baixo o amparo do gran tirano, aprendices de pequenos tiranos. Así actúan os grandes ladróns e os corsarios famosos: uns asolan o país namentres os outros perseguen os viaxeiros; uns sérvense da emboscada, os outros permanecen ao axexo; uns masacran, os outros saquean...”
“...É así como o tirano somete aos seus súbditos, a uns por medio doutros. Permanece protexido por aqueles dos que debería protexerse se non fose porque xa se envileceron. Máis, como adoita dicirse, para fender madeira precísanse cuñas da mesma madeira...”
Agora facede o xogo de substituír algunha das verbas, como tirano, ou algunha das situacións descritas, por outras máis actuais como: gobernantes, troika, sistema financeiro, sistema capitalista, fomento do consumismo, publicidade, tele-lixo, banqueiros, etc. Entón mirade onde vos atopades nese escenario e repensade o segundo parágrafo: para decidirse a non seguir sufrindo a servidume non é necesario quitarlle nada, abonda con non darlle ren.

miércoles, 9 de octubre de 2013

UNHA BOLA DE CRISTAL PARA ASOMARNOS AO NOSO FUTURO

 
(En castellano más abajo)
 
Acabo de voltar de Chile e traio a alma encollida porque penso que vin a Galicia de dentro duns anos, e probablemente tamén o fututo cercano do resto do estado e dos países do sur de Europa.
Comentaba a xente coa que estiven que, nestes últimos anos, o afianzamento do sistema neoliberal no seu país tivo o seu grado máximo, dun xeito moito máis voraz e “exitoso” que en ningunha outra zona de Sudamérica; e que probablemente o medo que quedou impreso na xente tras a dictadura, influiu para que ese proceso se dera máis rápido e con maior facilidade que nos outros estados do seu entorno.

Xa hai anos que se vende a Chile como o país máis desenvolvido de Sudamérica, incluso se di que é o máis “europeo”, pero que significa isto?

A educación pública é casi inexistente e a pouca que queda diminue en calidade a base de non dotala do orzamento necesario; en Santiago, pero tamén no resto do país, hai unha morea de universidades privadas distintas, a maior parte delas pertencentes a quen pode levar adiante un proxecto desa magnitude: dereita capitalista, igrexa, opus...

Neste lado do Atlántico, calquera de nós que estea estudando ou teña unha filla ou un fillo nesa tesitura ou ben que traballe no ámbito da educación, está a ver que as directrices que nos veñen impostas desde Europa e que os nosos gobernos tratan de levar a cabo a conciencia, van por este camiño máis pronto que tarde, se non somos quen de paralo.

E que dicir da sanidade? Un país onde nunca disfrutaron dun sistema de garantías sanitarias universais, no que a privatización xa está máis que asentada, debe parecerlles o paraíso futuro aos nosos gobernantes actuais e aos seus amos da troika.

En Chile a megaminería campa polos seus respetos por todo o país estragando todo canto recuncho natural aínda lles quedaba e utiliza cantidades enormes de auga, o que xa está a xerar verdadeiros problemas de abastecemento, e a que devolve escúpea contaminada. En Galicia non somos alleos a esta problemática, que lonxe de diminuir está a ameazar cada día máis o noso territorio.

O goberno de Chile tenlle aplicada a lei antiterrorista ao pobo Mapuche por loitar polo seu xeito de vida, a súa cultura, a súa lingua, a autodeterminación como pobo, e naturalmente as súas terras, que resultaron ser moi suculentas para as grandes empresas madereiras que as teñen sembradas de eucaliptos (sóanos de algo?); de modo que o expolio histórico ao que foron sometidos lonxe de diminuir acrecéntase con violencia directa contra as persoas e os seus bens, acoso continuo por parte das forzas policiais, encarcelamentos, sobre todo de líderes, matanzas, e un estado de sitio nas comunidades que inclúe presencia policial masiva, cámaras de vixiancia e abusos continuados.

En Galicia acaban de aplicarlles penas de entre 10 e 18 anos de prisión a 4 persoas acusadas de terrorismo, nun xuízo que deixa moitas dúbidas e resquemores. De aquí a que esteamos todas sometidas á lei antiterrorista, con ilegalización de grupos, partidos ou o que se tercie... só vai un paso.

En todo isto é moi importante a represión do contra-discurso crítico e das movilizacións sociais. Puiden comprobar persoalmente a acción represiva sistemática que se aplica nas manifestacións na capital, Santiago; feito do que tamén atopamos un paralelismo indiscutible nas últimas manifestacións e protestas en Madrid e outras cidades do estado español.

Outra parte importante de todo este entramado é a mentira mediática. Miremos onde miremos atoparemos novas que poñen a Chile como o exemplo a seguir, do mesmo xeito que nos venden todas as medidas que están a aplicar a este lado do charco como necesarias e boas para sair desta suposta crise coa que nos estafan.
Hai uns días, cando estaba recén chegada, atopeime cunha nova de El País que enlaza á perfección todo isto. Animaba aos nosos mozos e mozas con estudos e boa formación a expatriarse a Chile. Agora xa non se di emigrar, non vaia ser que se note de que estamos a falar... E, por suposto, o artigo alaba as oportunidades que ofrecen os sectores minero e enerxético, entre outras lindezas, ademáis de presentar un panorama mentiroso, sen pobreza nin exclusión, e que parece querer desmentir as verbas coas que practicamente empeza o propio artigo: “Seguen a impactarme as desigualdades sociais e salariais, que son máis abruptas que en España. Costa acostumarse tamén aos sistemas sanitarios e educativos privados, difíciles de concebir cando creciches pensando que iso son dereitos e non privilexios”.

NOTA: Un autor moi recomendable para saber máis sobre a economía de Améria Latina e por extensión e nas súas verbas, sobre “a estratexia de dominación política correlativa aos novos xeitos que asume a acumulación do capital”, é Pablo Dávalos. O seu libro La Democracia Disciplinaria non está editado no estado español, pero poden atoparse artigos seus, como este do xornal Diagonal.




(castellano)

Acabo de volver de Chile y traigo el alma encogida porque pienso que vi la Galicia de dentro de unos años, y probablemente también el fututo cercano del resto del estado y de los países del sur de Europa.
Comentaba la gente con la que estuve que, en estos últimos años, el afianzamiento del sistema neoliberal en su país tuvo su grado máximo, de una forma mucho más voraz y “exitosa” que en ninguna otra zona de Sudamérica; y que probablemente el miedo que quedó impreso en la gente tras la dictadura, influyó para que ese proceso se diera más rápido y con mayor facilidad que en los otros estados de su entorno.

Ya hace años que se vende a Chile como el país más desarrollado de Sudamérica, incluso se dice que es el más “europeo”, pero ¿que significa esto?

La educación pública es casi inexistente y la poca que queda disminuye en calidad a base de no dotarla del presupuesto necesario; en Santiago, pero también en el resto del país, hay un montón de universidades privadas distintas, la mayor parte de ellas pertenecientes a quien puede llevar adelante un proyecto de esa magnitud: derecha capitalista, iglesia, opus...

En este lado del Atlántico, cualquiera de nosotras que esté estudiando o tenga una hija o un hijo en esa tesitura o bien que trabaje en el ámbito de la educación, está viendo que las directrices que nos vienen impuestas desde Europa y que nuestros gobiernos tratan de llevar a cabo a conciencia, van por este camino más pronto que tarde, si no somos quien de pararlo.

Y que decir de la sanidad? Un país donde nunca disfrutaron de un sistema de garantías sanitarias universales, en el que la privatización ya está más que asentada, debe parecerles el paraíso futuro a nuestros gobernantes actuales y a sus amos de la troika.

En Chile la megaminería campa por sus respetos por todo el país destrozando todo cuanto espacio natural todavía les quedaba y utiliza cantidades enormes de agua, lo que ya está generando verdaderos problemas de abastecimiento, y la que devuelve la escupe contaminada. En Galicia no somos ajenos a esta problemática, que lejos de disminuir está amenazando cada día más nuestro territorio.

El gobierno de Chile le tiene aplicada la ley antiterrorista al pueblo Mapuche por luchar por su forma de vida, su cultura, su lengua, la autodeterminación como pueblo, y naturalmente sus tierras, que resultaron ser muy suculentas para las grandes empresas madereras que las tienen sembradas de eucaliptos (¿nos suena de algo?); de modo que el expolio histórico al que fueron sometidos, lejos de disminuir, aumenta con violencia directa contra las persoas y sus bienes, acoso continuo por parte de las fuerzas policiales, encarcelamientos, sobre todo de líderes, matanzas, y un estado de sitio en las comunidades que incluye presencia policial masiva, cámaras de vigilancia y abusos continuados.

En Galicia acaban de aplicarles penas de entre 10 y 18 años de prisión a 4 personas acusadas de terrorismo, en un juício que deja muchas dudas y resquemores. De aquí a que estemos todas sometidas a la ley antiterrorista, con ilegalización de grupos, partidos o lo que se tercie... sólo va un paso.

En todo esto es muy importante la represión del contra-discurso crítico y de las movilizaciones sociales. Pude comprobar personalmente la acción represiva sistemática que se aplica en las manifestaciones en la capital, Santiago; hecho del que también encontramos un paralelismo indiscutible en las últimas manifestaciones y protestas en Madrid y otras ciudades del estado español.

Otra parte importante de todo este entramado es la mentira mediática. Miremos donde miremos encontraremos noticias que ponen a Chile como el ejemplo a seguir, de la misma forma que nos venden todas las medidas que están aplicando a este lado del charco como necesarias y buenas para salir de esta supuesta crisis con la que nos estafan.
Hace unos días, cuando estaba recién llegada, me encontré con una noticia de El País que enlaza a la perfección todo esto. Animaba a nuestros jóvenes con estudios y buena formación a expatriarse a Chile. Ahora ya no se dice emigrar, no vaya a ser que se note de que estamos hablando... Y, por supuesto, el artículo alaba las oportunidades que ofrecen los sectores minero y enegxético, entre otras lindezas, además de presentar un panorama mentiroso, sin pobreza ni exclusión, y que parece querer desmentir las palabras con las que prácticamente empieza el propio artículo: “Me siguen impactando las desigualdades sociales y salariales, que son más abruptas que en España. Cuesta acostumbrarse también a los sistemas sanitarios y educativos privados, difíciles de concebir cuando has crecido pensando que eso son derechos y no privilegios”.

NOTA: Un autor muy recomendable para saber más sobre la economía de Améria Latina y por extensión y en palabras suyas, sobre “la estrategia de dominación política correlativa a las nuevas formas que asume la acumulación del capital”, es Pablo Dávalos. Su libro La Democracia Disciplinaria no está editado en el estado español, pero pueden encontrarse artículos suyos, como este del periódico Diagonal.


miércoles, 2 de enero de 2013

FELIZ AÑO NUEVO ...ESPERO


Viñeta de El Roto a propósito das movilizacións do 15M


Resulta inevitable que en estas fechas abunden los artículos que hacen resumen del año que acaba o aprovechan para desearnos algo mejor para el que entra. Si bien el recurso resulta un tanto manido, las circunstancias del momento actual crean un escenario que obliga a la reflexión, a la crítica, a señalar a los culpables y solidarizarse con las víctimas, y a esperar y desear que el próximo año seamos capaces de construir algo mejor, mucho mejor, de lo que dejamos atrás.
Como me gusta decir las cosas por boca, o mejor dicho, por palabras escritas, de otras personas que comunican mucho mejor que yo misma, aquello que me gustaría transmitir, hoy escojo un par de párrafos de Santiago Roncagliolo y Maruja Torres.

“...si ustedes creen que algún proyecto mejorará el mundo, defiéndanlo. Siempre hacen falta buenas ideas. Pero nunca piensen por consigna. Escuchen con atención a los demás. Analicen con frialdad lo que ocurre a su alrededor. El mundo de sus abuelos era más fácil: estabas de un lado o de otro, eras de derechas o de izquierdas. Sabías quiénes eran los buenos y quiénes los malos. El mundo que les va a tocar a ustedes es complicado, y todas las verdades pueden volverse mentiras en cinco años... o en cinco minutos...”

“...Se impone el abucheo como forma de comunicación de masas. No hace falta insultar: no hay que proporcionar carnaza a la querella. Un gutural uhhhhhh, emitido por docenas de gargantas, qué digo docenas ni cientos, miles -”Hemos de pensar a lo grande”, le dijo Nixon a Kissinger cuando le propuso arrojar la atómica sobre Vietnam: pensemos a lo grande en pacifistas tocacojones style-, cientos de miles... Eso como terapia colectiva. Y mientras tanto, trenzar las redes que tirarán del uno y del otro y que nos unirán y nos darán fuste y aguante...”

Pues eso, abucheemos colectivamente pero, en paralelo, defendamos los proyectos en los que creemos, trencemos las redes que nos permitan realizarlos, y cambiemos las cosas. Siempre estará en nuestras manos, si somos quien de encontrar la fuerza y la valentía para creer que somos capaces de hacerlo.
¡Qué sea en el 2013!


Artículos completos:
Mar que limpia” Maruja Torres. El País Semanal (30/12/12)
Carta de fin de año a mis hijos” Santiago Roncagliolo. El País Semanal (30/12/12)

viernes, 14 de diciembre de 2012

De la pública a la privada y al revés (El País)


Noticia de El País (2/12/12).


Manuel Marín Ferrer fue entre 2000 y 2007 el hombre de la Generalitat valenciana en el departamento de Salud de la comarca de La Ribera, de gestión privada. Durante este tiempo ocupó el cargo de comisionado. Su trabajo consistía en supervisar desde la Administración a la empresa privada adjudicataria de la atención sanitaria: Ribera Salud UTE. En septiembre de 2007 esa misma operadora sanitaria le fichó para ocupar el cargo de mayor responsabilidad: la dirección del departamento de Salud. Y pasó, sin etapas intermedias, de vigilar a la empresa desde su puesto de la Administración pública sanitaria a estar en nómina de la compañía...

VER NOTICIA COMPLETA

Y además: Privatizar la sanidad pública no sale más barato (El Intermedio - Dani Mateo)


jueves, 18 de octubre de 2012

The Fun Theory (a imaxinación ao poder!)


A imaxinación para facer as cousas divertidas e participativas ten moita máis forza que calquera recomendación ou slogan.
Isto é do que fala esta páxina

Mirade este exemplo. As recomendacións sobre facer exercicio no noso día a día, por exemplo subir escaleiras en vez de coller un ascensor, como medida boa para a saúde, non adoitan funcionar ...pero isto si!!!!!!!!

martes, 9 de octubre de 2012

Las uvas de la ira



John Steinbeck escribió, ya en 1962, esta lúcida descripción de un crimen que no tiene nombre, como indica la última frase que recojo. Lo que da escalofríos es que siga teniendo tantos paralelismos con la actualidad.

(pag. 294):
“...las cosechas se calculaban en dólares; la tierra fue valorizada mediante la plusvalía, las cosechas compradas y vendidas antes de ser plantadas. Y entonces una mala cosecha, una sequía o una inundación, ya no fueron pequeñas muertes en vida, sino simples perdidas de dinero. Y todo su amor se fue empequeñeciendo merced al dinero, y toda su energía se perdió con los cálculos de intereses, hasta que ya no fueron agricultores, sino pequeños mercaderes de cosechas, pequeños fabricantes que tenían que vender antes de producir. Y, entonces, aquellos agricultores que no eran buenos mercaderes perdieron su tierra, que pasó a los buenos comerciantes. No importa cuán inteligente, cuán amante fuese un hombre de la tierra y de las cosas susceptibles de crecimiento natural; no podía sobrevivir si no era también buen comerciante. Y al correr del tiempo las tierras las poseyeron los hombres de negocios, y las haciendas crecieron en extensión pero disminuyeron en número.
La agricultura pasó a ser industria y los propietarios siguieron el ejemplo de Roma, aunque sin enterarse. Importaron esclavos aun cuando no los llamaron esclavos; chinos, japoneses, mejicanos, filipinos. Viven sólo de arroz y fréjoles, dijeron los hombres de negocios. No necesitan mucho. No sabrían qué hacer con un buen salario. Pero mire cómo viven. Pero mire lo que comen. Y si se portan mal, depórtenlos.
Y todo el tiempo las haciendas fueron creciendo, y disminuyendo los propietarios...
Y cambiaron las plantaciones. Los árboles frutales ocuparon el lugar de los trigales, y se extendieron por doquier los vegetales que alimentarían al mundo: lechuga, coliflor, alcachofa, patatas..., plantas que crecen a ras de suelo. Un hombre puede erguirse para mandar una guadaña, un arado, un rastrillo; pero ha de arrastrarse como un chinche entre las hileras de algodón, debe arrodillarse como un penitente en un sendero de alcachofas.
Y sucedió que los propietarios ya no trabajaron en las haciendas. Hicieron agricultura sobre el papel, y olvidaron la tierra, su olor, el tacto de la tierra, y sólo recordaron que la poseían; recordaron solamente lo que ganaron o perdieron por ella. Y algunas de las haciendas se hicieron tan grandes, que un solo hombre no podía ya concebirlas; tan grandes, que se necesitó un ejército de contadores para llevar la cuenta de sus utilidades o de sus pérdidas; químicos para hacer pruebas de la tierra y realimentarla; capataces que cuidasen de que los hombres inclinados sobre el suelo se arrastrasen por entre las hileras de las plantas con toda la rapidez posible para su material humano. Y entonces dicho agricultor se convirtió de verdad en almacenista. Pagaba a los hombres, les vendía alimentos y volvía a recibir el dinero. Y después de algún tiempo ya ni siquiera pagó a los trabajadores. Las haciendas vendían alimentos a crédito. Un hombre podía trabajar y alimentarse; pero cuando terminaba el trabajo descubría que debía dinero a la compañía. Y los propietarios no sólo no trabajaron ya en las haciendas; muchos de ellos ni conocían las haciendas que poseían.
Y entonces los desposeídos fueron empujados hacia el Oeste...”
(pag. 360):
“...yo tengo hambre. Trabajaré por quince centavos . Por la comida. Los niños. Debería usted verlos...
Y esto era conveniente, porque bajaban los salarios y se mantenía el precio. Los grandes propietarios estaban contentos y repartían más prospectos para atraer más gente. Los salarios bajaban y los precios se mantenían al mismo nivel.
Entonces los grandes propietarios y compañías inventaron un nuevo método9. Un gran propietario compró una fábrica de conservas. Y cuando los duraznos y las peras estuvieron maduros, hizo bajar el precio de la fruta a menos del costo de cultivo. Y, en su calidad de dueño de una fábrica de conservas, se pagó a sí mismo un bajo precio por la fruta y mantuvo el precio de las conservas y así obtuvo la utilidad. Y los pequeños agricultores que no tenían fábricas de conservas perdieron sus granjas, que fueron absorbidas por los grandes propietarios, por los Bancos y por las Compañías que poseían también fábricas de conservas. Al pasar el tiempo, hubo menos granjas. Los pequeños agricultores se trasladaron al principio a los pueblos hasta que agotaron su crédito, la ayuda de sus amigos y de sus parientes. Y entonces ellos también salieron a las carreteras. Los caminos se poblaron de hombres codiciosos por un trabajo, capaces de asesinar por conseguir trabajo.
Y las Compañías y los Bancos fueron labrando su propia ruina, aunque sin darse cuenta. Los campos eran fértiles, y por los caminos marchaban hombres hambrientos. Los graneros estaban llenos, y los hijos de los pobres crecían raquíticos... Las grandes Compañías ignoraban que es muy delgada la línea que separa al hambres y a la ira. Y el dinero que pudo haberse pagado en jornales se gastó en gases venenosos, armas, agentes y espías, en listas negras, en instrucción militar. En las carreteras los seres errantes se arrastraban como hormigas en busca de trabajo, de pan. Y la ira comenzó a fermentar...”
(pag. 440):
“...Los pequeños agricultores vieron cómo las deudas iban creciendo como la marea. Pulverizaron los árboles y no vendieron la cosecha, injertaron y podaron y no pudieron recoger la fruta. Y los hombres de ciencia habían trabajado, pensado, y la fruta se está pudriendo en el suelo, y el vino de las tinajas envenena el aire. Pruebe el vino..., no tiene el menor sabor a uva, sino a sulfuros, ácido tánico y alcohol.
El próximo año este pequeño huerto será una parte de un gran conjunto, pues ladeuda habrá ahogado al propietario.
La viña pertenecerá al Banco. Sólo los grandes propietarios pueden sobrevivir, porque también poseen las fábricas de conservas...
...El trabajo en las raíces y en las viñas, en los árboles, ha de ser destruido para mantener el precio, y esto es lo más amargo, lo más doloroso de todo. Carretadas de naranjas arrojadas a la basura. La gente recorrió millas para recoger esa fruta, pero no pudo ser... Y los hombres descubren que la fruta ha sido rociada con petróleo. Un millón de seres hambrientos, que necesitan la fruta..., y las montañas de oro regadas de petróleo...
En los barcos se quema el café como combustible. Se quema el maíz para lograr calor. Se arrojan patatas a los ríos y se colocan guardias en las orillas para que la gente hambrienta no pueda sacarlas...
Éste es un crimen que no tiene nombre...”

Las uvas de la ira. John Steinbeck. Ed. Planeta (sexta edición en España). Barcelona (1965)